Con menos votos, exactamente con 292, Domingo Docampo acaba de revalidar o seu cargo como rector. Tiña claro que gañaría, e así o dixo, intres despois de depositar o seu voto na urna nas votacións celebradas onte. E a intuición e as gañas de revalidar o seu trunfo non lle fallaron. Os votantes tampouco, aínda que foi por unha marxe moi estreita. O sistema ponderado de voto que ofrece a nova Lei de Ordenación Universitaria permitíu que eses votos de menos fosen menos representativos e ó final, co 51,31%, fronte o 48,69%, conseguíu facer bo o seu proxecto de universidade galega moi debedor do modelo americano que tan ben coñece. E mentres, en Santiago continúa a campaña electoral e en Coruña a comisión encargada de elaborar o reglamento electoral acaba de dar a coñecer o calendario pra elexir ó Claustro. A cita coruñesa coas urnas: o 11 de xuño.
Outra vez Docampo
A Universidade de Vigo cos seus tres campus (Vigo, Ourense e Pontevedra) acaba de renovar a súa confianza co continuísmo. Domingo Docampo acaba de ser reelexido rector aínda que cunha escasa marxe, un 2,62%. Unha tónica xeral que se produxo nos campus de Vigo e de Pontevedra. Sen embargo, o electorado do campus Ourensán quixo darlle un tirón de orellas ó novo rector onde Tojo obtivo 699 votos máis que a candidatura de Docampo. Un feito que ó gañador non deixou pasar inadvertido e no que dixo que tomaría medidas.
A participación destes comicios foi bastante elevada entre os profesores, doutores e funcionarios (81,51%), persoal docente e investigador (67,41%) e entre o persoal de administración e servicios (67,97%). Sen embargo a tónica xeral foi a escasa participación dos estudiantes, que acadaron unha cota do 14,49%, unha porcentaxe sensiblemente superior no campus de Pontevedra que contou cunha participación moito maior.
O electorado optou por un líder personalista, que fixo unha campaña coma as de antes, de tipo presidencialistaeque se decantou por un modelo máis académico e semellante ó que empregou noutras citas electorais. Non houbo cartelería polas universidades, nin elementos publicitarios, soamente un dípito que incorporaba o resumo do seu programa. A súa campaña estivo marcada por actos en diferentes centros e campus, pero non en todos, por unha única comparecencia ante os medios de comuncación e sen un só comunicado do colectivo que o apoia (que era "Alternativa Universitaria"). Ata o momento Docampo soñara cun gran campus, moi debedor do modelo das universidades nortamericanas que él tan ben coñece (estivo unha década impartindo clase en Alburquerque, na Universidade de Nuevo México). E físicamente, o seu soño (algo que foi motivo de disputa e de roces cruzados entre os candidatos durante a campaña electoral) cumpliuse, pero gracias ós 57 millóns que se investiron do fondo Feder e coa axuda da Xunta. Polo de agora terá outros catro anos para conseguir que os seus principais piares (conseguir unha educación de calidade) se cumplan.
O proceso en Coruña
Na Coruña de momento non haberá eleccións ó rector, aínda que sí ó Claustro. Segundo figuraba no primeiro borrador da LOU a entrada en Vigor do novo proceso implicaría a cesión de todos os rectores e a convocatoria de eleccións. Un matiz que foi eliminado no texto final da lei, e que dicía que os actuais rectores podían agotar a súa lexislatura. E isto mesmo foi o que pasou na Coruña, onde o actual rector, Meilán Gil, manterá o seu cargo ata que se celebren as novas eleccións. Pero o que sí haberá son elección ó Claustro. E a comisión encargada de elaborar o regulamento electoral acaba de dar a coñecer o calendario e comezou a repartir os claustrais. Á falta de que se aprobe o calendario en sesión extraordinaria da xunta de goberno que se celebrará o vindeiro luns, posiblemente.
En virtude do calendario, que aínda está por aprobar, o censo publicarase o 14 de maio, do 15 ó 21 presentaranse as reclamacións e o 22 publicarase o listado definitivo. As candidaturas serán do 23 ó 28 de maio, tralo que se abrirá un período de reclamacións que durará ata o día 3. E o 4 de xuño será a proclamación definitiva das candidaturas. A campaña electoral celebrarase entre o 5 e 10 de xuño e un día despois, o 11 terán lugar as votacións.
En función do dado a coñecer, os estudiantes perderán no novo claustro o 11% dos seus representantes, ó ter tan só o 20% da asemblea. Polo demais as eleccións do 11 de xuño celebrarase cun novo sistema. As candidaturas terán que ser listas pechadas e cada grupo deberá presentar quince sinaturas de apoio. As votacións para elexir ós representantes dos profesores e dos alumons se celebrarán por ámbitos de coñecemento.
Os principais problemas que se van a establecer é que, en virtude deste novo sistema, desaparecerán moitas asociacións que existen nun só centro e que non son coñecidas no resto das facultades e aseguran que non se presentarán máis independentes.