Picasso, Barceló, Dalà son algúns dos nomes dos artistas que figuran na última adquisición da colección de arte da Fundación Caixa Galicia. Unha compra de 36 obras que chega aos fondos do museo despois da negociación con José Ignacio Basáñez, un empresario vasco (propietario da promotora inmobiliaria Baensa) moi afeccionado á arte contemporánea que gozaba dunha colección que estaba depositada no Museo de Belas Artes de Bilbao. A situación inmobiliaria afectoulle aos negocios do empresario que optou por desfacerse de parte desa colección para facer fronte á crise. Malia que Caixa Galicia mantiña relacións comerciais co empresario, a colección foi adquirida pola súa fundación mediante compra (e non por negociación), e logo de que o empresario lla ofrecera a outras entidades financeiras. Unha decisión moi criticada pola prensa e por sectores da sociedade vasca que criticaron a perda dunha das coleccións de arte vasca máis importantes do momento.