Morre en Barcelona Ricard Salvart, un referente da investigación e renovación do teatro

Mantivo unha intensa relación co teatro galego, onde chegou a dirixir para o CDG

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Foi unha das figuras claves do teatro polo seu traballo de investigación e de renovación. Entre os seus numerosos galardóns destaca o Premio Nacional de Cultura de Teatro en 1999. Ricard Salvat morreu onte en Barcelona logo de sufrir un derrame cerebral. Seguidor da obra de Álvaro Cunqueiro, mantivo unha intensa relación co teatro galego, onde chegou a dirixir en 1991 o Incerto señor don Hamlet para o Centro Dramático Galego. Colaborou con Isaac Díaz Pardo en diferentes proxectos editoriais, ademais de pedirlle que fose o escenógrafo de dúas pezas de Valle-Inclán que estreou en Cataluña no ano 1972. Entre outras actividades, que marcaron unha ponte entre a cultura galega e catalá, destaca o recital poético que organizou en homenaxe a Celso Emilio Ferreiro ao pouco da súa morte.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Incertezas

Incertezas

Sarabela Teatro suspende a función da Feira polo pasamento de Suso Díaz

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Barcelona, Isaac Díaz Pardo, Celso Emilio Ferreiro...