Unha resolución do Parlamento Europeo insta a preservar a diversidade lingüística

O texto aprobado elimina a solicitude de que sexan os pais os que elixan a lingua de escolarización

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Con 355 votos a favor, 279 en contra e 69 abstencións, o Parlamento Europeo acaba de aprobar unha resolución que subliña a necesidade de prestar unha atención especial aos alumnos que non poden estudar na súa lingua materna. O texto que foi aprobado suprime parágrafos destacados do informe elaborado polo portugués Vasco Graça Moura (Partido Popular Europeo) como o de que os pais poidan elixir a lingua na que queiran educar aos seus fillos nos países con linguas cooficiais ou a solicitude de que ningún escolar sexa privado do ensino na lingua oficial do Estado. O texto aprobado incide na necesidade de preservar a diversidade lingüística e o multilingüismo ao tempo que fomenta a aprendizaxe de idiomas.

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moura, Portugués, Partido Popular, Ensino

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares