Un video amosa a expedición do Hespérides aos fondos mariños galegos

O traballo desenvolveuse o pasado mes de outubro no marco da campaña DIVA-Artabria II

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:

A canle dos Museos Científicos Coruñeses no Youtube achega Viaxe á Galicia profunda un video que amosa os fondos avisais do noso contorno. As imaxes corresponden á espedición que o buque oceanográfico Hespérides realizou o pasado mes de outubro no marco da campaña DIVA-Artabria II, coa participación da Universidade de Santiago e do Acquarium Finisterrae. A produción permite coñecer algúns dos curiosos animais que viven no fondo do océano e mais o xeito en que os científicos galegos traballan neste campo.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Museos Científicos Coruñeses, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)