Tres recitais conmemorarán o Día da Poesía

O espectáculo De amor e morte xirará pola Coruña, Pontevedra e Vigo

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:

De amor e morte é a actuación centrará as celebracións que a Consellaría de Cultura prepara para o Día da Poesía (21 de marzo). En concerto serán tres recitais na Coruña, en Pontevedra e en Vigo, con entrada libre para todos os interesados. A obra supón un percorrido poético musical que fai o grupo Oureol pola poesía galega desde a Idade Media ata a actualidade. Máis concretamente, as actuacións desenvolveranse na biblioteca pública da Coruña Miguel González Garcés o venres día 20 de marzo ás 20:30 horas. En Pontevedra será o luns día 23 ás 19:30 horas na Biblioteca Pública Antonio Odriozola, e a terceira actuación desenvolverase na Biblioteca Central de Vigo o martes día 24 ás 19 horas. A entrada a todos estes recitais será libre.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Vigo, A Coruña, Pontevedra...