O proxecto europeo DORNA traballará polo noso patrimonio marítimo

A Consellaría de Pesca ou a Federación Galega pola Cultura Marítima participan na iniciativa

Aproveitar o patrimonio náutico tradicional das zonas costeras do Atlántico Europeo para o desenvolvemento económico. Esta é a proposta de DORNA, un proxecto que se enmarca no programa comunitario transnacional Espacio Atlántico 2007-2013 e que conta coa participación da Consellaría de Pesca, a Deputación da Coruña, o Colexio de Arquitectos ou a Federación Galega pola Cultura Marítima desde o noso país. Representantes da iniciativa, que conta cun orzamento de 1,9 millóns de euros, reuníronse o pasado venres na Coruña e desenvolverán a finais de 2010 un novo encontro no noso país para avaliar os resultados do proxecto. Entre outras propostas, DORNA prevé a creación da marta BATE (Barco Atlántico Tradicional Europeo) e da integración de propostas de I+D na carpintaría de ribeira. Mellorar as instalacións destas empresas ou desenvolver unha base de datos sobre o patrimonio europeo relacionado co mar son outras das achegas integradas no DORNA.