Quant enchen de cores e idiomas o seu primeiro disco longo

New Adventures in full colour edítase en CD e tamén pode descargarse en A Regueifa plataforma

| Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

Con catorce cancións e tres videoclips aparece o primeiro longa duración dos ferroláns Quant, que poderá mercárselles directamente a eles (5 euros máis gastos de envío) ou descargalo de balde a través da plataforma A Regueifa. Segundo informa o magazine SONO-TONE, o disco New Adventures in full colour(2009) agrupa temas xa coñecidos a través de anteriores EPs, agora re-gravados e re-masterizados, xunto con temas novos. No disco do cuarteto hai 10 temas cantados en inglés, un en francés, un en galego e dous en castelán. Todas as cancións compostas enteiramente por OscarQuant agás a que abre o disco Hey, mrDJ, please,Drop the neddle!!!! (música: Alberto, letra: Óscar) e Looking for the magic por Dwight Twilley. Como xa é marca dos Quant o son segue o estilo surfeiro da onda sixties. O disco sae á venda comercialmente en formato CD baixo licenza Copyleft no que inclúen os tres videoclips que teñen realizado ata agora.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con EPs

Claves

Conceptos