Un informe recolle a actividade da Axencia Audiovisual Galega desde o seu nacemento

473 producións audiovisuais beneficiáronse das súas axudas desde 2006

3/3/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
31 lecturas | Compartido 0 veces

Transparencia, apoio á “democratización da produción”, esforzo de difusión e recuperación e conservación do patrimonio audiovisual galego son algúns dos piares da actividade da Axencia Audiovisual Galega na súa curta andaina. Así se recolle no informe “A modo de balance” que a entidade ten publicado no seu sitio web. Nel aparecen as dez liñas de actuación desta entidade dirixida por Manolo González (agora integrada dentro de AGADIC), así como as cifras desglosadas da actividade (apoiaron 453 proxectos nas convocatorias ofrecidas entre 2006 e 2008) e do sitio web (2.000 usuarios diarios) desde a súa constitución.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Axencia Audiovisual Galega, Manolo González, Axencia Galega das Industrias Culturais