Entre “De profundis” (dirixida por Miguel Anxo Prado e Nani GarcÃa) estreada nas carteleiras o pasado mes de xaneiro, e “A sombra de Nova York” (dirixida por Juan Pinzás) estrearanse unhas 16 producións galegas. Son cifras que manexa o Consorcio Audiovisual de Galicia que asegura que no 2006 se produciron 159 traballos, o 50% máis que no ano anterior. Estas cifras compleméntanse coas achegadas pola Axencia Audiovisual Galega, dependente da ConsellarÃa de Cultura, que contabilizaba un total de 36 proxectos de longametraxes de ficción para o bienio 2007/2008.