Un informe constata o descenso de axudas ao sector audiovisual en Galicia

Os productores españoles presentan en Madrid a súa memoria anual

25/6/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A Federación Española de Produtores Audiovisuais (FAPAE) deu a coñecer onte en Madrid a súa memoria anual, o documento que contabiliza as cifras do audiovisual que achegan estes profesionais. Segundo as comparativas por comunidades autónomas, destaca o descenso de axudas ao sector audiovisual en Galicia, que pasa do segundo ao cuarto posto con respecto ao ano 2006 (de 7.696.412 euros aos 4.300.746 que suman as axudas da consellaría de Cultura). Pola contra, o documento tamén recolle cifras de facturación (sube un 1%) e de emprego (sube un 4%), que se incrementan en ambos casos, aínda que estas cifras fan referencia ao 2006.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid

Claves

Lugares