RTVE e o Ministerio de Cultura presentan a primeira canle de televisión de temática cultural

As emisións en probas comezarán o 1 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O vindeiro 1 de abril comezará a emitir en probas Cultural.es, ou o que é o mesmo, a primeira canle de televisión con contidos culturais. Artes; ciencia e letras; a comunidade de industrias culturais; civilización e cidadanía; patrimonio e memoria son os catro núcleos centrais da programación desta canle. O proxecto é posible grazas á colaboración entre o Ministerio de Cultura e o ente Radiotelevisión Española. Pere Roca, o director da canle, anunciou que suporá a recuperación de Estudio 1, o coñecido programa dos oitenta que televisaba obras de teatro. Ademais, tamén se anunciou que prestará atención ás diferentes manifestacións culturais do Estado, así como ás distintas linguas.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Fecha V Televisión

A canle televisiva de La Voz de Galicia cesou as súas emisións o 1 de xaneiro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Cultura, RTVE, Ciencia, Teatro

Claves

Conceptos