A Sala Nasa pecha o ano organizando o Festival Rock Cabo Sam Lourenzo

Concerto de fin de ano

| Santiago.Redaccion | Seccións: Música
Compartir:

Moon Cresta, The Mistakens, Otro Juego de Té e The Mary´s Green Jungle son algúns dos grupos que, dende mañá ata o xoves animarán as noites da NASA (Nave de Servicios Artísticos). É o concerto Festival Rock Cabo Sam Lourenzo co que a sala compostelana pretende pechar a programación cultural deste ano.

Propostas sonoras


O ano chega ó seu final, e coma vén sendo habitual, a sala NASA celebra o seu Festival Rock Cabo Sam Lourenzo. Un ciclo de música popular que pretende exhibir durante tres días algunhas das porpostas sonoras máis significativas da escena independente galega. O martes os coruñeses The Mistakens e Bush Doctors e os vigueses Moon Cresta son os encargados de abrir o festival. O mércores Light in Sorrow, Trut 69 e Amarcord e o xoves Otro Juego de Té, The Mary´s Green Jungle e Salty Walter completan a programación.




Sam Lourenzo

A Sala NASA pretende recuperar con este festival o seu carácter alternativo. E nesta liña organiza un certame no que colabora a Cadea 40 principais, cun nome alternativo, xa que a organización considera que Sam Lourenzo é o alter ego cibernético do Apóstolo Santiago.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Sala Nasa, Apóstolo Santiago

Claves

Entidades