Esta ponte vai ser unha lanzadeira para moitos dos músicos que se espallan por toda Galicia. Teñen a sua cita na Nave de Servicios Artisticos (A Nasa) onde, desde hoxe, se acolle a terceira edicion do festival Rock Cabo Sam Lourenzo. Ata o domingo polo coñecido local compostelano se pasearan once formacións cun son definido e indefinido, productoras, distribuidoras e fanzines sobre o xénero.
Cometidos
Numerosos grupos e formacións de toda Galicia ensaian arreo todo o ano, gravan unhas maquetas coa esperanza de que calquera das salas alternativas que existen e funcionan en Galicia, lles ofrezan unha oportunidade de se presentar. Unha desas salas é a Nasa (Nave de Servicios ArtÃsticos), que organizou un festival coa intención de recoller unha escolla das novas tendencias do rock e do pop que se fraguan en Galicia pero que non chegan a presentarse por falta de medios. E a esa iniciativa, que se xestou hai tres anos, chamóuselle Festival Rock Cabo Sam Lourenzo.
Este ano o festival presenta unhas certas novidades; entre elas destaca unha estructuración de tres grupos diarios que se pecharán coa participación de productoras de rock, de pop e distribuidoras independentes. De feito, teñen confirmada a súa presencia "Lixo Urbano", "La Familia Feliz" e "Plástico Elástico", que tamen teñen os seus stands na feira.
Para conseguir unha maior participación de público, desde a organización da Sala Nasa puxeron a disposición do público un bono de tres dÃas en Gong, Disco Láser e Tenda Tipo por 1.200 pesetas (7.21 euros).
Programa
O Festival Rock Sam Lourenzo dará comezo esta noite co seu primeiro programa triple. Estarán "Phil, It´s Me", unha formación de Pop santiaguesa que ofrece sonoridades emparentadas coa tradición melódica ó pop. Xunto a eles desfilarán os lucenses "Zootrop", que incorporan a súa música, xestualidade, improvisación e teatro cun estilo funky. Por último, os tamén lucenses "Hollywater" que foron os que gañaron o concurso da Xunta" Galicia, Cidade Única", ofrecerán o seu estilo pop.
Mañá mércores, chega o momento de "Cinemascope" unha banda de power-pop con influencia dos sesenta que chega desde A Estrada. Continúan "Non Residenz" coa súa música electrónica. E completa o programa "Humanoid", o tecno de Lugo que ofrece un pop elegante e cosmopolita.
O xoves, pechan o festival os lucenses, "Disappointment", os ferroláns "Window Pane" e os naroneses "Flanelon Crash", influenciados polo punk-rock e o hard-rock dos 70.
E pecha o festival as formacións como Palymother&Fuckerback e Willyshuko&Friends.