Os lugares dos cidadáns

Unha mostra reflexiona sobre as formas de habitar as cidades contemporáneas

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Os lugares dos cidadáns

Habitares, os lugares, os cidadáns non é unha exposición tradicional. É máis ben o resultado dun proxecto de investigación entre o Colectivo Ergosfera e un grupo de arquitectos, topógrafos, enxeñeiros e xeógrafos de Galicia e o norte de Portugal. Na mostra, ubicada na Estación Marítima de Vigo, pódense ver diferentes formas de achegarse á cidade, a partir de reflexións entre o público e o privado, o planificado e o imprevisto, entre a xente o seu espazo. O proxecto non se esgota nunha exposición, senón que tamén contará cun libro do mesmo nome e un sitio web que resume todas esas propostas.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ergosfera, Norte de Portugal, Vigo

Claves

Entidades