O Campus de Elviña está estes dÃas invadido por especies estrañas e por novas formas. Imaxinativos xeitos de se relacionar co espazo, propostas revolucionarias sobre a nosa interacción cos lugares públicos, especies artificiais feitas con material reciclado. A proposta "Injertables", do colectivo Ergosfera, convÃdanos a reflexionar e a mudar o xeito en que percibimos e construÃmos as cidades.
Unha praza ou unha rúa son moito máis que un simple espazo. Son tamén un emprego social e unhas posibilidades, unhas vivencias e un sentido no conxunto da cidade. Teñen vencellados significados, olores, cores e sons para os seus usuarios. E poden ser moi diferentes de como os coñecemos. Arredor destas ideas, a partir de elaboradas teorÃas sobre o urbanismo e a arquitectura e coa intención de mudar na realidade as relacións con este tipo de espazos, a asociación Ergosfera, vencellada á Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña, está a propor unha iniciativa chamada "Injertables. Aparicións vÃricas de uso público adulterado" que se desenvolve ao longo da semana que vai do 16 ao 23 de xullo. "Tenta ser un taller de reflexión colectiva, desde o punto de vista do cidadán, sobre se existen outros métodos de construción do espazo público", explica Iago Carro, un dos organizadores. "A idea é dalos a coñecer para poida chegar un momento en que se poidan demandar".
Barbeitos urbanos
A idea de todo este proxecto é facer novas propostas sobre espazos públicos. Segundo explica o propio web "como obxectivos globais, pretendemos que o obradoiro sirva como punto de partida experimental de dous proxectos de investigación paralelos e complementarios. Por unha banda, unha hipotética estrutura urbana de espazos públicos en barbeito, e pola outra banda, o cambio nas prioridades dos mecanismos de creación e xestión do espazo público". A primeira destas ideas preséntase como unha proposta certamente chocante para boa parte da poboación. "Unha das cousas que detectamos é a falta de espazo público de calidade. Nas sociedades desenvolvidas concÃbese como un agasallo e apenas se esixe. Pensamos que parte do problema é que custa cartos e os concellos só invisten nel cando ven que o poden rendibilizar", explica Carro. "¿Qué pasarÃa se puidésemos construÃr espazos efémeros, moito máis baratos que cumpran unha función de uso práctico real? ¿Qué pasarÃa se houbese un volume constante destes espazos a se rotar pola cidade e que puidesen dar servizo a toda a xente que teña acceso a eles? SerÃa máis barato e racional, e terÃa unha función complementaria ao espazo público convencional", completa.
Durmir e xantar na rúa
Da outra banda, desde Ergosfera propoñen como proxecto buscar novos mecanismos para crear e xestionar este tipo de espazos. "A sociedade tende a homoxeneizar o emprego que se fai dos espazos públicos. O que queremos en infiltrar neles empregos alternativos que a sociedade demanda de xeito implÃcito. É pensar un pouco qué tipo de programas alternativos poderÃa haber. ¿PoderÃa haber lugares para durmir no espazo público? ¿Ou sitios para desenvolver actividades que normalmente facemos na intimidade ou en espazos afastados da cidade? A idea sobre todo é xerar diversidade e que todo o mundo teña un lugar co que se sinta identificado e lle guste", apunta este coordinador de "Injertables".
Experimentos en Elviña
Como un xeito de facer pensar sobre estas posibilidades e abrir a percepción a xeitos alternativos de concibir estes espazos, o colectivo puxo a andar, no coruñés Campus de Elviña, este proxecto de experimentación, xa non só a nivel práctico, senón tamén con contidos teóricos. A idea base de "Injertables" é facer propostas arriscadas que provoquen "certas distorsións na percepción conceptual do público", segundo sinala o programa do evento, e que desas distorsións vaian xurdindo novos xeitos de se relacionar co contorno. "Desde martes poderán verse seis grupos de persoas construÃndo con materiais de refugallo", xa que a reciclaxe neste sentido é un dos obxectivos do programa. "A idea é amosar aproximacións sobre como construÃr espazos públicos de todo tipo". O propio Campus, como zona que só se emprega en horarios e en dÃas concretos, coa variedade de funcións que desenvolve, (desde zona de ocio universitario ata circuÃto de carreiras ilegais), é sinalado polos membros de Ergosfera, como un exemplo dos espazos en boa medida infrautilizados nos que se pode intervir. "As propostas irán encamiñadas a suxerir outros futuros posibles, outros sistemas de creación e xestión do espazo público, propoñendo accións puntuais efémeras, con data de caducidade, que modifiquen de xeito consistente a percepción do público que teñen os usuarios do campus, e posibiliten a aparición de demandas na poboación máis acordes coa realidade material e social contemporánea que cos obsoletos sistemas estéticos e programáticos que os poderes mediáticos proporcionan a cotÃo aos cidadáns", explica a presentación do evento.
Os pais do evento
O grupo Ergosfera, que está detrás desta proposta, sinala que "non somos unha asociación que queiramos facer libros e conferencias. Queremos actuar directamente sobre a cidade, e como cidadáns", explica Carro. AÃnda que nesta primeira edición da actividade a maior parte dos 38 participantes inscritos proveñen do mundo da arquitectura, a intención do colectivo é conseguir chegar con este tipo de accións a toda a pobocación. "Hai que o facer moitas veces para que xente se de conta de que como cidadán tes todo o dereito e case a obriga de participar na construción da túa cidade", sinala Carro. Polo momento entón, a intención e continuar con novas edicións deste obradoiro, "agardamos que se vaian achegando propostas ano tras ano ata que un dÃa a actividade acabe o seu ciclo vital e teñamos que reciclarnos para seguir propondo cousas", sinala este membro de Ergosfera. Veremos entón ata onde chega o poder destas formas efémeras.