Galaxia publicou 95 novidades en 2008

A editora fai públicas as cifras do pasado ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Made in Galiza de Sechu Sende foi o libro máis vendido de Galaxia durante 2008, con cinco reimpresións. A editorial fixo público no seu web un resumo das cifras do pasado ano, en que publicou 95 novos títulos que sitúan o seu catálogo vivo en 1.075 referencias. Como tendencia nese catálogo apúntase un incremento destacado no número de traducións, que chegaron a 145 entre 2000 e 2007. A firma sitúa a tiraxe media entre 2000 e 2008 en 1.776 exemplares, cun máximo de 8.000 e cifras mínimas de 800 volumes.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medios de comunicación, Editorial Galaxia

Claves

Entidades