Os premios Max poden ter este ano aire galego. Cinco traballadores das táboas do paÃs aspiran a levar algún destes prestixiosos galardóns. Na categorÃa de mellor actor protagonista atopamos o ferrolán Javier Gutiérrez, polo seu traballo en Argelino, servidor de dos amos. Pola súa banda, Baltasar Patiño pode gañar o premio á mellor iluminación polo seu traballo en Si, pero no lo soy. Canda a eles, Cándido Pazó, con E ti quen vés sendo?, Eduardo Alonso con Extrarradios e José LuÃs Prieto Roca con O ridÃculo desamor dun home máis ou menos normal compiten polo premio ao mellor autor teatral en galego.