O Museo da Historia de Pontevedra só se erguerá 2 metros do chan

Un estudio madrileño fíxose co concurso para deseñar o centro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Escrito na brétema é o nome do proxecto que resultou gañador no concurso para deseñar o Museo da Historia de Pontevedra. O edificio proposto erguerase só dous metros sobre o nivel do chan e o seu teito será un espazo público. No seu interior poderán contemplarse os restos das edificacións aparecidas onda a Ponte do Burgo. Os arquitectos gañadores, Álvaro Martín, Luís Alió, Santiago Cifuentes, Javier García e Sebastián Zapata, deberán agora desenvolver a súa proposta cos 65.671 euros de premio. O Concello agarda adxudicar a obra do museo antes de que acabe o ano, cun orzamento previsto duns 4,5 millóns de euros.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra

Claves

Lugares