Dosier: Museo da Historia de Pontevedra

Avanza o soterramento dos restos medievais da Ponte do Burgo

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Logo de varias semanas de traballos de limpeza, acondiciomanto e de documentación, ademais dun certo atraso motivado polo mal tempo, están a continuar as obras de soterramento dos restos medievais da praza pontevedresa Valentín García Escudero, onda a Ponte do Burgo. Estes restos, entre os que se inclúe parte da antiga ponte e os restos dun porto fluvial, eran a base do que se pretendía fose o Museo da Historia da cidade. Logo de que hai dous anos se decidise paralizar este proxecto por falta de fondos, prevese que para xuño unha superficie axardinada cubra o 40% deste importante depósito arqueolóxico.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Valentín García, Culturagalega, Arqueoloxía

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares