O programa “Vai de Camiño” 2009, organizado pola Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, inicia mañá venres unha nova edición, a cuarta, coa novidade da incorporación dunha programación especÃfica para o inverno. Esta programación dá cabida a propostas artÃsticas adaptadas aos espazos cubertos dispoñibles nos concellos polos que transcorren as diversas rutas xacobeas. A oferta constará basicamente de grupos de danza, canción de autor e concertos de pequeno formato. Lugo, Ribadeo e Ferrol acollen esta fin de semana as primeiras actuacións a cargo do grupo de danza contemporánea “Thomas Noone Dance”. Tomarán parte da programación de inverno compañÃas de danza como Nova Galega de Danza e novos intérpretes como Andrés Suárez, Samuel Levà ou Roberto Sobrado, que contarán co apoio dun amplo abano de artistas consagrados neste xénero como Xoán Rubia, Xoán Eiriz, MarÃa Manuela, Miro Casavella, JoaquÃn Lera ou Xurxo Mares, entre outros.