A coincidir cos XXV anos da súa existencia, o Valedor do Pobo convocou un certame de banda deseñada co título ¿Que é para ti o Valedor do Pobo?. O certame, dirixidos a alumnos de secundaria de todo o país, premiará traballos de "cómic -combinación de debuxo e texto-" que "presenten unha problemática dos cidadáns que poida ser presentada e admitida ante o Valedor do Pobo". As obras deberán presentarse en "en soporte papel e CD, formato Word, e terán un máximo de 20 escenas". Os gañadores levarán unha estancia de cinco días nos albergues xuvenís das Sinas e de Gandarío.