Disco de ouro para os nigraneses Ragdog con un só tema

A súa canción Nada más superou as dez mil descargas de pago

| Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

Más de dez mil descargas para teléfonos móbiles da súa canción Nada más fixeron posible que o grupo de Nigrán Ragdog conseguise un Disco de ouro sen ter editado o seu traballo en disco tanxible ningún. A banda, formada na localidade pontevedresa no ano 2002 obtivo este recoñecemento auspiciada polo selo dixital Espacio Movistar, da man do cal tamén actuou no Rock in Río, o Summercase e recentemente viaxaron a Colombia a promover o seu traballo segundo asegura o xornal La Voz de Galicia. Ragdog está formado por Álex Lores, Pablo García, Alberto Leyenda e Juanma Treinta e anteriormente actuaron como banda de acompañamento de Amaro Ferreiro. O seu álbum en liña ten once cancións e agora comezan a promoción do seu tema Donde estabas.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ouro, Rock, La Voz de Galicia, Colombia...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares