Ruxe Ruxe publican o novo disco 'Xabral'

A banda está xa en xira presentando este décimo cuarto traballo longo

| Santiago/ S.Montes | Seccións: Música
Compartir:
Ruxe Ruxe publican o novo disco 'Xabral'

'Pub rock' é o tema que abre o novo álbum dos veteranos Ruxe Ruxe e tamén é o nome da xira de presentación do disco, que xa arrincou e ten varias datas por diante. 'Xabral' (Luneda, 2025) é o décimo cuarto disco da banda de Aríns. Trece temas de rock&roll con sabor a clásicos todo eles e que de seguro ofrecen a oportundiade de facer uns directos contundentes. Desta volta, de novo, producidos, e gravados, polo produtor vasco Kaki Arkarazo (Negu Gorriak, Kortatu) nos estudios Garate (Gipuzkoa-Euskadi) coidando extremadamente cada canción nunha aposta polo son máis orgánico, auténtico e rockeiro da da banda.

Sen renunciar nunca á súa mensaxe de protesta social e política a banda presenta uns temas coidados ao detalle tanto na parte musical como nas letras. Metais, gaitas, teclados acompañan o potente guitarreo característico da formación compostelá. Un dos temas, en inglés, homenaxea ao desparecido Shane MacGowan coa colaboración deo irlandés Brian Brody. O día 15 pode verse en acción este 'Pub rock Tour' en Ferrol, na Fundación Artabria. A Pousada da Galicia Imaxinaria os presentará o día 22 de febreiro e xa en marzo estraán no Krazzy Kray de Cambados (día 7) e na Sala Jagger de Lugo (día 21). O Pub Gatos de Melide e a Sala La Beltene de Laín serán as paradas en abril. Xa en maio estarán Sala rebullón o día 10.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Ruxe Ruxe, Clásicos, Euskadi...