Santiago acolle ata o domingo un congreso mundial sobre salsa

Ritmos quentes para a fin de semana

| Santiago.Redaccion | Seccións: Música
Compartir:

Profesionais, instructores e amantes da salsa danse cita esta fin de semana en Santiago no Congreso Mundial de Salsa. O Multiusos do Sar convertirase durante tres días nunha improvisada sala de baile para acoller as clases e festas que compoñen o programa de actos deste atípico congreso.

Clases e festas


O congreso de salsa non analiza esta especialidade dende un punto de vista teórico, senón que pretende dar a coñecer os ritmos afrocaribeños dende o seu lado práctico. As xornadas pécharanse tódolos días cunha actuación. Hoxe é o turno de dunhas das orquestras máis fortes na música caribeña " El gran combo de Puerto Rico", unha lenda musical que permanece invariable dende a súa creación.




Matrícula



O Congreso organizado por dúas productoras americanas, chega a Compostela da man da consellería de Cultura dentro do programa Galicia, cidade única. Este evento, organizado. Por 19.000 pesetas pódese asistir ós tres días de convención, incluindo tódalas actividades, clases e festas nocturnas. A presencia ás clases custa 2.000 pesetas por sesión ou 15.000 para oito. O sábado Las estrellas de la salsa te invitan a bailar e o domingo Show de la salsa en Casting completan o programa de actos, cun prezo de 1.500 e 2.000 pesetas respectivamente.




Galicia, Cidade Única

O Congreso de Salsa pon punto e final á programación do programa Galicia, Cidade Única organizado pola Consellería de Cultura.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sar, Consellería de Cultura, Santiago de Compostela