A realidade galega analízase nun congreso de socioloxía na Coruña

Galicia a debate

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:

Unha forma orixinal de acadar cartos para o Paso de Ecuador. Os alumnos de terceiro da Facultade de Socioloxía da Coruña decidiron organizar un congreso que proporcionase os ingresos das inscripción. Pero había que facelo ben, e fixérono. Máis de setenta poñentes reunidos en vinteoito mesas redondas estarán na Cidade Herculina durante tres días da semana que vén. Que a retirada de aportacións privadas impida que os alumnos acaden beneficios non importa. O congreso sigue adiante.

Que e cando

"Galicia a debate: Análise da realidade social e perspectivas de futuro" que é o título do congreso, comezará o vindeiro martes día vinte ás nove da mañá. Desde entón e ata o venres ás nove da noite terán lugar as dezaoito mesas redondas programas, en sesións que comezan cara ás nove da mañá e rematan doce ou trece horas máis tarde co peche da facultade. As mesas organízanse en catro áreas de análise. O Bloque Técnico, que se desenvolverá o luns comprende dúas mesas, pola súa banda o de Economía, que abrangue ata o xoves, é o máis extenso con once charlas. O bloque de Identidade e Cultura e o de Política terán lugar o venres con cadansúas dúas mesas. Cada unha destas mesas redondas contará con tres poñentes que aportarán as súas visións sobre o tema a tratar.

Quen

A organización deste encontro correu a cargo integramente dos alumnos de terceiro curso de Socioloxía, que se agruparon nunha asociación denominada Foro Galicia a Debate (FDG) coa que pretenden transmitir a organización deste encontro á promoción que os segue. Entre os convidados que acadaron reunir destcan nomes coma o de Marcial Gondar (antropólogo), Xaime Bello (alcalde de Ferrol), Fernando González Laxe (ex-presidente da Xunta), María Xosé Agra (experta en feminismo), Xusto Beramendi (historiador), Ramón Máiz, Xosé Ramón Freixeiro Mato e moitos outros.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Cidade Herculina, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Xosé Ramón Freixeiro...