The King´s Consort abriu a novena temporada de concertos da Sinfónica

Apertura numero 1 da Sinfónica

| Santiago.Redaccion | Seccións: Música
Compartir:

A agrupación británica The King´s Consort, a orquestra que máis gravacións de música encheu de ritmos clásicos e barrocos o Palacio da Ópera durante dúas horas. "La senna festeggiante" de Vivaldi, inédita no noso país, abriu con éxito de público a novena temporada de Concertos.

The King´s Consort


A formación británica é unha das agrupacións de instrumentos orixinais de maior prestixio no mundo. Non en ván The King´s Consort goza no seu haber do maior número de gravacións dunha orquestra destas características. A agrupación británica comezou a súa actuación ás 20:30, cando o director Inglés Robert King ocupou o seu lugar. Logo, dúas horas de música clásica e barroca, con tintes harmoniosos para unha obra de Vivaldi "La Senna festeggiante", no que tamén actuaron a mezzosoprano Hilary Summers, o baixo Neal Davies, o eo tenor Andrew Mc Arthur.




Sinfónica de Galicia

A Sinfónica de Galicia continuará o día 2 de novembro coa estrea mundial da obra "Fatres" de Arvo Pärt, nunha versión para guitarra realizada por Manuel Barrueco.





Coral da Sinfónica


O grupo coral da Orquestra Sinfónica de Galicia dirixida por Joan Company, está a preparar a súa primeira saída fóra de Galicia. Tralo éxito da súa interpretación da Misa de Coroación de Mozart polas principais cidades e vilas de Galicia,a agrupación prepara o concerto que terá o 7 de novembro en Palma de Mallorca.

Que che parece esta nova?
9 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Clásicos, Ópera, Mozart, Orquestra Sinfónica de Galicia