Ao agro cun sorriso

O libro Sorrisos e boa colleita reflexiona con humor sobre o rural galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Sorrisos e boa colleita

Sorrisos e boa colleita

Un libro coas olladas dos humoristas gráficos galegos sobre a situación do noso agro. Esta é, basicamente, a proposta que fai a Consellaría de Medio Rural mediante a obra Sorrisos e boa colleita. O libro, que se presentou recentemente, supón un completo catálogo con corenta e un dos nosos creadores neste campo, con nomes indispensables coma Xaquín Marín, Siro, Armando Salas, Gogue ou Kiko da Silva canda a moitos outros. Cuestións coma o Banco de Terras, as novas tecnoloxías ou a reconversión do rural son tratados cunha ollada que non deixa a ninguén indiferente.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Humor, Xaquín Marín, Xaquín Marín, Kiko da Silva...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares