Galicia ten sona de ser un país eminentemente rural, aínda que cada vez somos máis e máis os que vivimos en cidades, sen que a tendencia teña visos de mudar no futuro. Malia a ese desprazamento, ou quizais precisamente debido ao mesmo, semella que unha ampla maioría dos galegos considera que a vida é mellor ou moito mellor no campo do que nas cidades. Un estudo da Consellaría de Medio Rural tentou pórlle cifras á percepción que temos do noso rural.
Ata un 67% dos galegos considera que a vida no medio rural é mellor (43,5%) ou moito mellor (23,5%) do que nas cidades. Así o asegura o Informe sobre a imaxe rural entre os galegos que facía público onte a Consellaría de Medio Rural. Esa percepción positiva do agro dase especialmente entre os maiores 25 anos, con baixo nivel educativo asalariados e que tiveron profesións relacionadas con este ámbito. A investigación desenvolvida polas empresas Sondaxe e Luís Ferreira Asociados para a Consellaría de Medio Rural, pretende na realidade analizar o grao de coñecemento sobre os plans de desenvolvemento que desde hai anos se veñen aplicando para este ámbito. No entanto, dedica de xeito específico un amplo apartado a contextualizar a imaxe da poboación galega encol do contorno rural, atendendo ás vantaxes e desvantaxes que se lle ven a este ámbito tanto polo contorno en si como polo feito de traballar no agro.
Tranquilidade e natureza
En xeral, os galegos relacionamos a vida no agro cunha maior tranquilidade (máis do 70% dos enquisados) e contacto coa natureza (case o 40%), aínda que tamén lle vemos pexas, fundamentalmente a ausencia de servizos (algo máis do 47,5%) e a existencia de menos opcións laborais (34%) e, en xeral, de menores oportunidades vitais. No entanto, os responsables do estudo sinalan que son os habitantes da cidade os que máis apuntan esa pexa, antes do que os propios habitantes no rural.
O traballo
A falar sobre as bondades de traballar no agro, en case todos os epígrafes son os que non desenvolveron este tipo de labores o que as valoran máis positivamente. Así, tanto a falar da calidade de vida, a seguridade, a solidariedade entre veciños ou a existencia dun maior respecto, son os urbanitas os que lle ven a face máis positiva a este medio. Mentres, os que experiencia no traballo agrario unicamente valoran máis ca eles o feito de que todo o mundo se coñeza. Do mesmo xeito, á hora de valorar a vida rural polas vantaxes do contorno, volven ser os habitantes de contornos urbáns ou rururbáns os que ollan dun xeito máis positivo este xeito de vida fronte aos consultados que efectivamente viven no rural.
Valores agrarios
Á hora de identificar a vida no rural cunha serie de conceptos, sendo 5 o máximo afastamento e 1 a identificación total, doutra volta a tranquilidade (1,16) e o contacto coa natureza (1,31) son a ideas que máis se relacionan coa vida do rural. Persiste no entanto, unha certa visión do agro coma unha área de incultura, xa que esta relación acada unha puntuación de 3,41, mentres que a relación co aburrimento chega ao 3,34. De xeito curioso, son os habitantes de contornos rururbanos os que máis salientan os aspectos negativos do agro fronte a urbanitas e aldeáns.
Dun xeito ou doutro, debemos ter unha certa precaución á hora de ollar os resultados deste estudo, xa que se basean unicamente en 200 enquisas telefónicas que se realizaron maioritariamente nas provincias da Coruña e Pontevedra que son, como é sabido as máis urbanizadas. De calquera xeito, esta primeira achega pódenos dar para reflexionar sobre como vemos un contorno, ao que dun xeito ou doutro estamos fondamente vencellados todos nós.

Vantaxes e desvantaxes da vida nas zonas rurais
Fonte: Consellaría de Medio Rural Sondaxe - Luís Ferreira Asociados
Valoración de aspectos do medio rural