Violeta expón e debuxa ao vivo en Vigo

Nas dúas actividades venderanse orixinais desta autora

9/12/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O pub Contrabajo de Vigo acolle a partir das nove da noite de hoxe a primeira exposición de Violeta, autora viguesa de banda deseñada que colabora habitualmente coa revista erótica Kiss Cómix. No local, situado na rúa Venezuela, nº 72, poderán adquirise algúns dos orixinais expostos. A mesma autora fará, o vindeiro sábado día 13, unha sesión de debuxo en vivo que se desenvolverá entre as cinco e media e as oito e media da tarde na libraría Banda Deseñada. Os asistentes poderán obter, por cinco euros, un orixinal desta creadora de tamaño A5 pintado en acuarela.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Banda deseñada, Debuxo, Venezuela...