Xosé Tomás asina unha BD sobre riscos laborais

A Universidade da Coruña dispoñibiliza unha mostra do seu álbum Tolos

4/12/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Preventigirl é o título da mini banda deseñada sobre riscos laborais que acaba de rematar Xosé Tomás. A obra, de catro páxinas, foi unha encarga da Fundación de Estudios e Análises (FESAN) e mais da Xunta de Galicia, que xa realizaron unha tiraxe que se distribuirá por todo o país. Ao tempo, o autor indícanos que a Universidade da Coruña ten en depósito unha mostra sobre o seu álbum Tolos na que, ademais de páxinas da obra, poden verse diferentes fases do proceso de produción, bosquexos ou fotos de documentación. A mostra pode solicitárselle a Salvador Nayar no enderezo salva@udc.es.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Tomás, Xosé Tomás, Universidade da Coruña, Banda deseñada...