O estudo da correspondencia dunha familia emigrada faise co Premio Manuel Murguía

A gañadora é unha profesora de Historia con ascendencia galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Durante case oito décadas a familia Eiré Besteiro mantívose unida a través das cartas e as fotografías que se enviaron entre Salvaterra do Miño e Arxentina. A análise desa correspondencia (Una familia gallega y un océano de por medio) acáballe de valer a María Liliana da Orden os 6.500 cos que está dotado o premio Manuel Murguía da Deputación da Coruña. Da Orden é profesora de Historia da Universidade Nacional de Mar de Plata, na Arxentina, ten ascendencia galega e xa ten investigado a emigración de principios do século XX nesta zona. O estudo das cartas e fotos cruzadas polos emigrantes coas súas familias é algo que ten analizado Raul Soutelo, e que nos comenta neste vídeo.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Un mundo de cartas

Un mundo de cartas

O epistolario de Díaz Pardo e Seoane aborda diferentes facetas do fenómeno migratorio no século XX

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Murguía, Arxentina, Deputación da Coruña, Miño

Claves

Protagonistas
Lugares