Os investigadores Raúl Soutelo Vázquez e José Manuel Vázquez Lijó son os gañadores do XI Premio de Ensaio Manuel MurguÃa da Deputación da Coruña coa súa obra O Son que coñeceu Ramón Caamaño, presentada ao certame co lema "Porto Nodelas". Ramón Caamaño (MuxÃa, 1908 - 2007) fÃxose moi coñecido como fotógrafo xa que coa súa cámara retratou as feiras da Costa da Morte e outras zonas ademais de tirar numerosos retratos para os familiares que vivÃan na emigración. Caamaño tamén introduciu o cine en moitas vilas, realizando funcións itinerantes polas noites. O xurado estimou deste traballo que combina ensaio e reportaxe fotográfica sobre o paso a "contribución social á historia da fotografÃa galega e da modernidade" ao combinar "fontes orais e arquivÃsticas, facendo unha descrición con mestrÃa e amenidade, que parte do local para dirixirse a un público xeral. Desta maneira mesmo coas raÃces do traballo no concello de Porto do Son, o ensaio acada unha dimensión moito máis abranxente e vincúlase ao conxunto do paÃs". O Premio Manuel MurguÃa de Ensaio, promovido polo Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes da Deputación da Coruña, está dotado cun galardón de 6.500 euros e a edición da obra gañadora.
Raúl Soutelo é doutor en Historia pola Universidade de Vigo, profesor de ensino secundario e de didáctica das Ciencias Sociais na Universidade de Santiago de Compostela. Especializado en historia social contemporánea. Gañou xa con anterioridade o premio Manuel MurguÃa da Deputación da Coruña coa monografÃa titulada As cartas do destino. Unha familia galega entre dous mundos, 1919-1971 (en coautorÃa co profesor Núñez Seixas) en 2004. Pola súa parte, José Manuel Vázquez Lijó é doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (2005), cunha tese que mereceu da Deputación de Pontevedra o premio á mellor tese en Humanidades e Ciencias Sociais. Ademais é profesor asociado da área de Historia Moderna da Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña dende 2007 ata a actualidade, unha praza que compatibiliza coa de técnico de xestión do Museo marea do Porto do Son. ç
Ademais da obra gañadora, o xurado decidiu destacar como finalista o traballo de Ana Naseiro Ramudo, titulado Revisión da Historia da Coruña. A fábrica de tabacos e a fábrica de mistos. Nesta undécima edición do certame, presentáronse un total de 16 traballos, sendo a segunda con maior número de participantes, só por detrás da celebrada no ano 2013, á que concorreron un total de 24 propostas.