Os premios de Boas Prácticas de Dubai teñen presenza galega

O Proxecto Esmelle e a cidade de Ferrol reciben mencións no certame

O Concello de Dubai convoca cada ano, co amparo da ONU, o Premio Internacional de Dubai para as Mellores Prácticas. O galardón quere recoñecer iniciativas que traballan a prol da sustentabilidade, e conta nesta edición 2008 cunha dobre presenza galega. Por unha banda, un dos doce proxectos galardoados foi a Rede de Cidades polo Clima que desenvolve a Federación Española de Municipios e Provincias e na que está implicado o Concello de Ferrol. Pola súa banda, o Proxecto Esmelle, que quere recuperar construcións vencelladas á auga nesta parroquia ferrolá conseguíu a calificación de Good por parte do xurado, ao igual que a maior parte das actuacións españolas que se presentaron ao certame.