Obertura Balboa

Achegamos unha mostra das composicións de Manuel Balboa compiladas no proxecto As músicas da Academia

3/12/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Foi coñecido polas músicas que compuxo para as películas de José Luis Garci (principalmente O avó ou Canción de berce, pola que foi candidato aos Goya). Pero non foron as únicas. Martes de Carnaval, O baile das ánimas, Divertimento ou Ilegal son algunhas mostras do seu traballo. Manuel Balboa (A Coruña, 1958- 2004) foi un dos músicos máis significativos da súa xeración, compositor de bandas sonoras e finou en pleno proceso creativo. Agora, a Academia Galega do Audiovisual recolleu parte dese traballo no disco que abre o proxecto As músicas da Academia, do que escolmamos unha serie de pezas.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Balboa, José Luis Garci, Academia Galega do Audiovisual, A Coruña