A Academia do Audiovisual reedita a semana dedicada ás bandas sonoras

A OSG pechará cun concerto de músicas de cine e televisión en Narón a IIª Semana das Músicas do Audiovisual

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Carlos Ares, presidente da AGA, e Nani García, director da SEMUA, rodeados de representantes da OSG, o Concello da Coruña, a Diputación provincial da Coruña e o Padroado da Cultura de Narón durante a presentación da SEMUA 17   Foto: AGA

Carlos Ares, presidente da AGA, e Nani García, director da SEMUA, rodeados de representantes da OSG, o Concello da Coruña, a Diputación provincial da Coruña e o Padroado da Cultura de Narón durante a presentación da SEMUA 17 Foto: AGA

O Palacio da Ópera da Coruña acolleu a presentación da segunda edición da Semana das Músicas do Audiovisual, un festival singular organizado pola Academia Galega do Audiovisual e pola Orquestra Sinfónica de Galicia coa intención de dar protagonismo ás músicas compostas para cine, televisión e outros medios audiovisuais. Esta segunda edición celebrarase dende o 27 de novembro ata o 1 de decembro na Coruña, Compostela e Narón, baixo a batuta de dirección do evento do compositor Nani García.

A II Semana das Músicas do Audiovisual ofrecerá un programa con máis contido formativo aínda que na edición anterior a través das fundacións Paideia e SGAE nas que Luis Ivars, Oscar Araújo, Vanessa Garde e Juanjo Molina impartirán obradoiros e Masterclass para profesionais do sector da música e audiovisual. Como colofón do programa a Orquesta Sinfónica de Galicia ofrecerá en Narón o venres 1 de decembro un gran concerto no que interpretará algunha das principais partituras para cine e televisión escritas en Galicia durante os últimos anos por compositores como Xavi Font, Manuel Riveiro, Arturo Kress ou o propio Nani García. O concerto e a semana dedicará este ano una especial atención á figura de Fernando Velázquez, autor referencial do Estado, que dirixirá o concerto, incluíndo algunhas das súas obras no programa, e que participará de forma moi activa durante a semana, levando a cabo a gravación aberta aos académicos e profesionais, da banda sonora dun dos seus próximos filmes, Os futbolísimos, coa Orquestra Sinfónica de Galicia e participando nun encontro aberto ao público do mundo da música de cine. A maioría das actividades serán de acceso gratuíto, previa reserva.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Obertura Balboa

Obertura Balboa

Achegamos unha mostra das composicións de Manuel Balboa compiladas no proxecto As músicas da Academia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Narón, A Coruña, OSG...