A Academia do Audiovisual compila en formato CD a música cinematográfica do país

O disco distribúese conxuntamente coa publicación Papeis da Academia

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

As composicións que Manuel Balboa (A Coruña, 1958-2004) fixo para as películas Martes de Carnaval, O baile das ánimas ou Canción de berce (coa que foi candidato aos Goya) fan parte do CD co que a Academia Galega do Audiovisual inicia As músicas da Academia. Trátase dun proxecto que pretende compilar as pezas que compositores galegos teñen feito para producións audiovisuais. O CD distribuirase xunto con Papeis da Academia, a publicación coa que a entidade presidida por María Bouzas recolle o acontecer audiovisual galego ao longo dun ano. Neste número reflexiónase sobre a crise do modelo audiovisual clásico, as relacións coa literatura e a lingua, e o novo escenario que marca a TDT.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Papeis da Academia

Quiosco: Papeis da Academia

Sánchez Izquierdo fala da G2 no último número da publicación da Academia Galega do Audiovisual

Obertura Balboa

Obertura Balboa

Achegamos unha mostra das composicións de Manuel Balboa compiladas no proxecto As músicas da Academia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Balboa, TDT, Literatura, Academia Galega do Audiovisual...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares