O Parlamento insta á Xunta a non cultivar alimentos modificados xeneticamente

A Plataforma Galega Antitransxénicos pide que se indique a composición nas etiquetas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Non contemplar produción de transxénicos, incentivar a produción tradicional e ecolóxica impedindo a súa mestura; esixir sistemas de identificación dos produtos; promover a investigación e informar á sociedade e ao sector agrario sobre os produtos trasicionais e os modificados xeneticamente. Estas son as proposicións aprobadas onte no Parlamento por unanimidade dos tres grupos parlamentarios. Mentres, no exterior do edificio uns vinte membros da Plataforma Galega Antitransxénicos se manifestaban para pedir que se pechen as portas aos produtos transxénicos e solicitar que a composición dos alimentos se inclúa nas etiquetas.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Un país de etiqueta

Un país de etiqueta

Unha exposición en Ribadavia reflicte a imaxinería das etiquetas de viños galegos

Universos

Claves