Nas costas galegas poden avistarse ata un total de 20 especies diferentes de cetáceos. Hainos máis frecuentes, que son os que nacen, medran, se alimentan e reproducen próximos á costa aquà como a toniña, o golfiño común ou o arroaz boto. Pero tamén hai outros que viven no océano pero que pasan ocasionalmente por aquà (golfiño riscado, balea común, balea alibranca) ou outros que viven máis lonxe pero que poden deixarse ver de xeito moi infrecuente (cachalote, candorca...). Todos eles están recollidos no póster que nos explica Alfredo López, presidente da Cemma, entidade que xunto co Parque Nacional MarÃtimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, foron os encargados da súa elaboración.
Descarga o póster "Cetáceos do Parque Nacional das Illas Atlánticas".