O PP e o PSOE abren no Senado a porta para ampliar o Parque Nacional das Illas

Máis si, pero agora non

O texto definitivo que se aprobará no Congreso o vindeiro día 5 de xuño considera que baixo a denominación de "Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia" están os arquipélagos das Cíes, Ons e Sálvora. De momento, non forman part do espacio protexido ningunha área máis, pese as enmendas presentadas por grupos da oposición. Onte, na comisión parlamentaria do Senado, aprobouse o texto definitivo da lei que regulará o parque nacional. E na redacción do documento final deixouse unha porta aberta a unha posible ampliación medinte unha disposición adiccional.

Disposición adiccional



Onte, nunha das reunións ordinarias da comisión parlamentaria do Senado, redactouse o texto definitivo da lei que aprobará a creación do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Unha aprobación que terá lugar no Congreso o vindeiro día 5 de xuño. Nela figuraba os límites xeográficos que deberían de afectar a esta figura de protección do medio, e foi tamén o punto máis conflictivo durante todo o proceso xurídico. Un conflicto que atendía ós límites que debería de afectar ós territorios implicados dentro desta figura. Mentres a proposta presentada pola Xunta de Galicia só incorporaba os arquipélagos de Cíes, Ons e Sálvora (que son os que finalmente se aproban) os grupos da oposición establecían que debían figurar novos territorios. E onte, durante a sesión, os membros da comisión aceptaron unha enmenda proposta polo grupo socialista, pola que a lei dixa aberta, mediante unha disposición adiccional, a posibilidade de que o ámbito do parque nacionalse amplíe a outros lugares de especial interese desde o punto de vista da protección ambiental no prazo dun ano.
A redacción da disposición adicional inclúe que "no prazo dun ano, a comisión de xestión de parque elaborará unha proposta de amplicación do ámbito".
E isto determinará a posibilidade de que se cumplan as peticións dos grupos da oposición.












Peticións de ampliación




O grupo socialista paralizou o proxecto hai uns meses ó considerar que non era unha proposta seria a presentada pola Xunta de Galicia. As súas críticas centrábanse, sobre todo, no espacio ó que atendía a figura do Parque Natural. Para o grupo socialista a ampliación a protexer coa incorporación da Costa da Morte, o complexo de Carnota-Caldebarcos, o complexo Umia-O Grove, a Costa da Vela e a illa de San Simón. E non só iso, senón tamén a totalidade das rías de Vigo e de Pontevedra, polas súas especiais características desde o punto de vista do ecosistema.
Como Vigo gozaba tamén dun Instituto Oceanográfico e de Investigacións Mariñas, desde o grupo socialista, consideraban tamén a necesidade de que se incorporaran ó proxecto, unha proposición que tamén foi denegada.