Antonio Blanco é o novo delegado de Cultura en Ourense

Substitúe a Xosé Carlos Sierra, que foi nomeado secretario xeral da Consellaría de Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Quince días despois de que Xosé Carlos Sierra cesara como delegado de cultura en Ourense para ocupar o cargo de secretario xeral dese departamento, o consello da Xunta acordou hoxe o seu substituto. Trátase de Antonio Blanco Rodríguez (Allariz, 1951), licenciado en Historia da arte e autor de publicacións relacionadas coa etnografía e o turismo. No seu currículo destaca a implicación no desenvolvemento de proxectos como o Museo Iconográfico Aser Seara, o Museo Galego do Xoguete, no seu tempo de concelleiro en Allariz, ou nas fundacións Ramón González Ferreiro ou a Vicente Risco.

*Información corrixida e actualizada.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Xosé Carlos Sierra, Allariz, Vicente Risco...