Xosé Carlos Sierra é o novo secretario xeral da Consellaría de Cultura

Substitúe a Carlos Alberto Amoedo no cargo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O ata o de agora delegado da Consellaría de Cultura en Ourense, Xosé Carlos Sierra, foi nomeado esta mañá polo Consello da Xunta coma novo secretario xeral da Consellaría de Cultura. Sierra, que foi durante anos director do Museo Etnográfico de Ribadavia e participa en organismos coma o Instituto Padre Sarmiento, o Museo do Pobo ou o Consello da Cultura, substitúe neste posto a Carlos Alberto Amoedo.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Carlos Sierra, Instituto Padre Sarmiento, Ourense, Ribadavia...