43 liñas eléctricas desaparecerán da paisaxe galega

Un convenio entre Industria e Fenosa acorda soterrar estes cables

O investimento de 5.552.548 euros permitirá que se soterren 43 liñas eléctricas xestionadas por Unión Fenosa. O titular de Industria, Fernando Blanco, asinaba esta mañá un acordo con Luís Díaz, director xeral da compañía en Galicia, para abordar o ocultamento destes cables, que desaparecerán da paisaxe de concellos coma Lousame, Mugardos, Oleiros, Cotobade, Sanxenxo, Pontevedra, O Porriño ou A Rúa entre outros. Segundo indica Industria, estas actuacións favorecen a seguridade
"para as instalacións, as persoas ou os bens de interese cultural e ambiental" ademais de eliminar o impacto paisaxístico dos tendidos.