A Federación de Libreiros e a Consellaría de Innovación e Industria asinan un convenio para a renovación da rede comercial libreira

Tres vías de reforzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Unha páxina web dos libreiros, un estudo sectorial, e a confección de bolsas promocionais son as tres actuacións que o convenio entre a Federación de Libreiros e a Consellaría de Innovación e Industria contempla para o seu financiamento ao 50 % entre ambas entidades. Coa base deste documento asinado hoxe polo conselleiro de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco, e o presidente da Federación de Libreiros de Galicia, Xaime Carlos Corral, a consellaría achegará 51.561,50 euros, o 50% do investimento total, para o desenvolvemento de estas actuacións conducentes a acadar a renovación da rede comercial de servizo do libro e incrementar a súa competitividade. En concreto trátase de abordar o coñecemento sectorial espacial-territorial e posibilidades de dimensionamento do sector; a incorporación das novas tecnoloxías a nivel sectorial, e a promoción comercial sectorial-unitaria no punto de venta.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Federación de Libreiros de Galicia