A Federación de Libreiros entregou os Premios Irmandade do Libro

Premios irmandados

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Federación de Libreiros entregou os sábado os galardóns correspondentes á X Edición dos Premios Irmandade do Libro. Con estes premios, os libreiros recoñecen o labor daquelas persoas e institucións que máis fixeron polo desenolvemento da cultura do libro en Galicia. Entre os premiados, "Fada Morgana", Méndez Ferrín ou Xerais.


Premiados

As diferentes categorías en que se divide este galardón recaeron desta volta en Xosé Luis Méndez Ferrín como autor e na revista sobre literatura infantil "Fada Morgana" no apartado de medios de comunicación. A editorial premiada foi Edicións Xerais pola elaboración do seu último diccionario, como institución levou o premio a agrupación Preescolar na casa de Lugo e como colexio o CEIP de Palmeira (Ribeira). A librería Follas Novas de Santiago foi considerada a mellor deste ano pola súa "calidade e profesionalidade". Ademais recibiron accésits os Colexios Públicos de Crespón (Boiro) e Castrelo (Cambados).


Discriminación positiva

Nas súas declaracións durante o acto de entrega Méndez Ferrín, candidato galego ó premio Nóbel, soliciou ós libreiros que realizen "unha discriminación positiva" cara ás obras en galego. Segundo el, "os libreiros acumulan o valor engadido de saber que son difusores da cultura, e polo tanto, promotores da liberdade". Estes profesionais "non deben sucumbir ás campañas publicitarias e económicas do libro foráneo".

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Méndez Ferrín, Literatura, Medios de comunicación, Edicións Xerais...

Claves

Protagonistas
Entidades