Os libreiros rebordan optimismo sobre o sector ao tempo que entregan os Premios Irmandade 2008

Escribir as páxinas do libro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

“O señor Lugrís e a negra sombra” (Ed. Xerais) de Luis Rei foi recoñecido este sábado como “Libro do ano 2007” pola Federación de Libreiros. Canda a el, este colectivo concedeu os outros galardóns que comprenden os seus Premios Irmandade do Libro: os suplementos culturais do “Faro de Vigo” na categoría de medios de comunicación, o IES de Sanxenxo como centro de ensino, Trama de Lugo como libraría, Xosé María Álvarez Cáccamo como autor. Ademais, Xaime Corral, o presidente da Federación amósase esperanzado porque asegura que “nunca se leu tanto como agora”, malia que o índice de lectura baixou no último ano en Galicia.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé María Álvarez, Xosé María Álvarez Cáccamo, Xosé María Álvarez Cáccamo, Medios de comunicación...