Fenosa, Endesa e Iberdrola comercializarán servicios telefónicos e de internet a través dos cables da luz

Teléfono a prezo de luz

Teléfono a través dos cables da luz. Non é ciencia ficción senón unha realidade en moi pouco tempo. A Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) acaba de autorizar a tres empresas: Fenosa, Endesa e Iberdrola as licencias para comercializar os servicios telefónicos e de internet a través dos cables da luz. Trátase da tecnoloxía PLC (Powerline Comunications), que consiste nun pequeno decodificador que converte o sinal telefónico en eléctrico e viceversa. Para isto o usuario ha de ter un modem no seu fogar e a compañía eléctrica debe instalar un PLC en cada transformador e subestación eléctrica. Fenosa ten en Galicia máis de 47.000 quilómetros de cable de baixa tensión que, antes de outubro do 2005, serán tamén de servicios telefónicos.







Máis información en
La Voz de Galicia
e a explicación da tecnoloxía PLC no web de Endesa