A externalización da infraestructura e dos servicios para as empresas centra a segunda xornada do foro Galicia TIC

Galicia TIC-Tac

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
Entender a tecnoloxía, saber ata onde pode chegar, as súas vantaxes e como aplicalas á empresa é un dos piares básicos do foro Galicia TIC (Tecnoloxía da Información e da Comunicación) que onte comezou en Santiago. A xornada de hoxe céntrase nas posibilidades da externalización, xa non só da infraestructura, senón tamén dos servicios, como unha forma de optimizar custos e viabilidade para as pequenas e medianas empresas. Esta tarde tamén se lle entregará o galardón de honra de Eganet (Asociación de Empresas Galegas dedicadas a Internet) a Antonio Llanos polo portal B2B Legazpi, dedicado ao sector do transporte.

Máis información no web de Galicia TIC e no web de Eganet

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TIC, Tecnoloxía, Internet

Claves