O Centro Coreográfico explora coa danza o universo feminino na súa última montaxe

As galegas Andrea Álvarez e Olalla Pérez participaron como asistentes de ensaio e axudantes de produción

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O Centro Coreográfico explora coa danza o universo feminino na súa última montaxe

No marco das coproducións con compañías independentes e empresas de titularidade privada, o Centro Coreográfico Galego estrea mañá en Galicia(Teatro Jofre, 20:30 horas) Feminine. Xurdida da colaboración coa compañía portuguesa Paulo Ribeiro, a montaxe pescuda o universo do poeta Fernando Pessoa a través da ollada de cinco bailarinas. As galegas Olalla Pérez e Andrea Álvarez Pino estiveron inmersas no proceso de creación deste espectáculo como asistentes de dirección e axudantes de produción respectivamente. Despois da súa estrea en Ferrol, Feminine poderase ver ata abril de 2009 en distintos escenarios de Galicia e Portugal, ademais de participar no Festival New Territories de Glasgow (Escocia).

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Ensaio, Espectáculo, Teatro...