A interculturalidade e a sociedade da información no congreso Galicia-Finlandia

Nokia versus Sargadelos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Na primeira xornada do congreso organizado polo Consello da Cultura e a Universidade de Santiago, Galicia e Finlandia achegáronse un pouco máis a través das súas formas de representación. Nokia, polo país dos lagos, e Sargadelos pola nosa banda presentaron a forma da reconstrucción da identidade dende a historia. Cada quen segundo os recursos productivos.

Integración na sociedade da información


Na xornada de hoxe analizarase a integración, a visibilidade a interculturalidade dentro do novo marco das relacións mediáticas. Unha xornada que achega ata a facultade de Ciencias da Información a arquitectura, a economía, as imaxes e as linguas a través de ponentes renomeados como Margarita Ledo, profesora da Universidade de Santiago (USC), Xosé F. Pérez Oya, economista experto en Nacións Unidas, ou Hannu Vanhanen, profesor da Universidade de Tampere.

A cultura e a comunicación

As xornadas continuarán pola tarde coa análise da sociedade da información. O panel, presentado e moderado polo artista multimedia, Robert Bass, dará pé a análise de como os medios de comunicación reconstrúen un novo concepto de cultura e a que se estableza unha reflexión sobre o mestizaxe e a exclusión ó abeiro das novas tecnoloxías.

Congreso multimedia

O congreso presenta ademais novidades. Onte o Iago foi o escenario da proxección dos filmes Juha de Aki Kaurismaki e Os brutos de Aleksi Makela. Hoxe, o auditorio de Santiago acolle o concerto "A ledicia dos Naufraxias" de Manuel Rodeiro, interpretado por Pablo Coello no saxofón, Xoan Carlos Martínez Fontana, electrónica, e Ananda Sukarlan ó piano. O Congreso rematará mañá coas conclusións das ponencias elaboradas por Margarita Ledo e Tapio Varis.


Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Finlandia, Sargadelos, Identidade, Manuel Rodeiro...